Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 211 Venres, 30 de outubro de 1998 Páx. 11.786

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

EDICTO do 30 de setembro de 1998, do Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común de Lugo, polo que se inicia a tramitación do expediente 9/1995 de clasificación do monte Trabadela, pertencente á comunidade veciñal do lugar de Trabadela, parroquia de Sante, concello de Trabada.

Perante este Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común, tramítase o expediente de clasificación do monte coas características que a seguir se indican:

-Expediente número 9/1995:

Denominación: monte de Trabadela.

Comunidade propietaria: veciños do lugar de Trabadela.

Parroquia:Sante.

Concello: Trabada.

Superficie: 8,5 ha.

Lindeiros:

Norte: predio particular de José Fernández Fernández, veciño de Porto-Ribadeo. Leste: monte consorciado Paleira. Sur: predios particulares dos veciños de Trabadela. Oeste: predios particulares dos veciños de Trabadela.

Descrición do perímetro:

Comezando polo norte vai paralelo e ás veces cadrando coa estrada de Oviedo a Vilalba da que se aparta baixando ata o Rego Seco lindando co monte Paleira. Na dirección oeste e cara ó norte onde comezáramos linda con prados e predios particulares dos veciños do lugar de Trabadela, e o predio particular de José Fernández Fernández.

En virtude do acordado polo xurado na sesión celebrada coa data do 25 de outubro de 1995 e, en cumprimento da orde do instructor, conforme o disposto na Lei de montes veciñais en man común do 10 de outubro de 1989 e demais disposicións de aplicación, polo presente edicto faise pública a iniciación do expediente indicado co obxecto de que, de acordo co previsto no artigo 23 do Regulamento do 23 de setembro de 1992 para a execución da citada lei, cantas persoas, organismos e corporacións resulten interesadas poidan comparecer e intervir no expediente iniciado e formular perante o xurado, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da publicación do presente edicto no Diario Oficial de Galicia, cantas alegacións coiden oportunas na defensa dos dereitos que crean que os asisten en relación co monte, achegando se é o caso, a documentación que consideren conveniente ó respecto.

Lugo, 30 de setembro de 1998.

Luis González Vázquez

Presidente do Xurado Provincial de Montes

Veciñais en Man Común de Lugo

9299