O director xerente do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña, en virtude das atribucións que lle foron delegadas por Orde do 22 de maio de 1996, sobre delegación de competencias nos órganos centrais e periféricos do Servicio Galego de Saúde, e unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve anuncia-la contratación da subministración que a seguir se cita:
Obxecto: adquisición de auga mineral, pan, cafés e derivados.
Orzamento: 33.752.750 ptas.
Garantía provisional: 675.055 ptas.
Lote 1: cafés.
Orzamento: 4.202.500 ptas.
Garantía provisional: 84.050 ptas.
Lote 2: auga mineral.
Orzamento: 9.600.000 ptas.
Garantía provisional: 192.000 ptas.
Lote 3: auga mineral baixa en Na.
Orzamento: 2.390.000 ptas.
Garantía provisional: 47.800 ptas.
Lote 4: pan.
Orzamento: 15.675.000 ptas.
Garantía provisional: 313.500 ptas.
Lote 5: caldo de ave, caldo vexetal, concentrado para crema, etc.
Orzamento: 905.500 ptas.
Garantía provisional: 18.110 ptas.
Lote 6: puré de patacas.
Orzamento: 195.000 ptas.
Garantía provisional: 3.900 ptas.
Lote 7: sémola trigo, fariña trigo e tapioca.
Orzamento: 262.750 ptas.
Garantía provisional: 5.255 ptas.
Lote 8: empanada (kg).
Orzamento: 522.000 ptas.
Garantía provisional: 10.440 ptas.
Forma de adxudicación: concurso polo procedemento aberto, tramitación anticipada.
Prazo de entrega: segundo calendario de entregas (anexo II).
Admisión de variantes: admítese a presencia de ata unha variante.
Solvencia económica, financeira e técnica: ver prego de cláusulas administrativas particulares.
Criterios de adxudicación:
Oferta económica: 50%.
Calidade do producto: 35%.
Prestacións da subministración: 15%.
Total: 100%.
Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria poden ser solicitados no Servicio de Contratación do complexo hospitalario (planta terceira do edificio da Escola Universitaria de Enfermería, anexo ó Hospital Juan Canalejo). As Xubias de Arriba, 84. 15006 A Coruña, en días laborables desde as 9 ás 14 horas. Teléfono: 981 17 80 73. Fax: 981 17 80 32.
Presentación de proposicións: as proposicións deberanse presentar en man, en sobres pechados e asinadas polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral do Complexo Hospitalario Juan Canalejo (planta baixa do Hospital Juan Canalejo), antes das 14 horas do vixésimo sexto día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia ou mandadas por correo, dentro do prazo sinalado.
Apertura das proposicións: terá lugar na sala de xuntas da xerencia do complexo hospitalario (planta baixa da Escola Universitaria de Enfermería), a partir das 10 horas do décimo primeiro día natural contado desde o seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura de proposicións terá lugar o primeiro día hábil seguinte.
Documentación que deberán acehega-los licitadores: os documentos que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.
Anuncios: os anuncios deste concurso serán por conta do adxudicatario do contrato.
A Coruña, 28 de outubro de 1998.
Jesús Caramés Bouzán
Director xerente do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña
9985

