Examinado o expediente incoado pola titularidade do centro privado Losada de Vigo, polo que solicita
autorización definitiva das ensinanzas de educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial.
Resultando que o devandito centro privado obtivo, por Orde do 10 de abril de 1993, autorización para 3 unidades de educación infantil e por Orde do 14 de decembro de 1978 autorización definitiva para 8 unidades de educación xeral básica, nas rúas Dr. Carracido nº 61 e Estanislao Núñez nº 2 de Vigo, respectivamente.
Resultando que por resolución da Dirección Xeral de Centros e Inspección Educativa do 23 de xaneiro de 1998 ó citado centro privado lle foi aprobado un proxecto para a realización de obras conducentes á obtención da autorización para 6 unidades de educación primaria, 4 unidades de educación secundaria obrigatoria e 1 unidade de educación especial, na rúa Baixada ó Capitán nº 31 de Vigo.
Resultando que, segundo o informe da unidade técnica, as obras se remataron de acordo co proxecto aprobado.
Vistos a Lei 1/1990, do 3 de outubro (BOE do 4), de ordenación xeral do sistema educativo, Real decreto 1004/1991, do 14 de xuño (BOE do 26), polo que se establecen os requisitos mínimos dos centros que imparten ensinanzas de réxime xeral non universitarias, Decreto 133/1995, do 10 de maio (DOG do 22), sobre autorización de centros docentes privados para impartir ensinanzas de réxime xeral non universitarias e a Orde do 20 de setembro de 1995 (DOG do 15 de decembro) que o desenvolve.
Considerando que concorren no expediente os requisitos esixidos nas disposicións vixentes para poder acceder ó solicitado.
Esta consellería, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Inspección Educativa
DISPÓN:
Primeiro.-Autoriza-la apertura e funcionamento do centro privado situado na rúa Baixada ó Capitán nº 31 de Vigo, das ensinanzas de educación primaria, educación secundaria e educación especial, segundo se especifica no anexo.
Segundo.-Mante-la autorización das ensinanzas de educación infantil que seguirán impartíndose nas instalacións situadas na rúa Dr. Carracido nº 61 de Vigo.
Terceiro.-Proceder ó cesamento de actividades das ensinanzas correspondentes a 8 unidades de EXB autorizadas pola mencionada Orde do 14 de decembro de 1978 na rúa Estanislao Núñez nº 2 actualmente denominada Antela Conde, por traslado á rúa Baixada ó Capitán nº 31.
Cuarto.-Esta autorización producirá efectos progresivamente, a medida que se implanten as ensinanzas autorizadas de acordo co calendario de aplicación da nova ordenación do sistema educativo.
Quinto.-Antes do inicio das ensinanzas de educación secundaria obrigatoria que se autorizan, a delegación provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, logo de informe da Inspección Educativa, aprobará expresamente a relación de persoal que impartirá docencia no dito centro.
Sexto.-O centro de educación secundaria que por esta orde se autoriza, deberá cumpri-la norma básica da edificación NBE-CPI/1996, de condicións de protección contra incendios nos edificios, aprobada por Real decreto 2177/1996, do 4 de outubro (BOE do 29). Todo isto sen prexuízo de que teñan que cumprirse outros requisitos esixidos pola normativa municipal ou autonómica.
Sétimo.-Queda o centro obrigado ó cumprimento da lexislación vixente e a solicita-la oportuna revisión cando teña que modificarse calquera dos datos que sinala esta orde.
Santiago de Compostela, 13 de outubro de 1998.
Celso Currás Fernández
Conselleiro de Educación e Ordenación
Universitaria
ANEXO
Provincia: Pontevedra.
Concello: Vigo.
Localidade: Vigo.
Enderezo: educación infantil: rúa Dr. Carracido nº 61, educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial: rúa Baixada ó Capitán nº 31.
Código do centro: 36011117.
Denominación específica: Losada.
Titular: Colegio Losada Sociedad Limitada
Composición resultante:
a) Centro de educación infantil: 3 unidades.
b) Centro de educación primaria: 6 unidades.
c) Centro de educación secundaria: 4 unidades de educación secundaria obrigatoria.
d) Centro de educación especial: 1 unidade.
9860

