No BOP de Ourense, do día da data, publícanse íntegros os pregos de condicións para a contratación do servicio de limpeza de edificios municipais durante 1999, mediante concurso, en procedemento aberto e trámite urxente. As ofertas e documentación presentaranse ata as 12 horas do décimo terceiro día natural seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, no rexistro xeral do Concello de Barbadás. A apertura de documentación terá lugar o seguinte día hábil (agás sábados), ás 12 horas, na casa do concello. A documentación que hai que presentar, modelo de presentación e demais datos figuran no mencionado prego de condicións, que lle será facilitado gratuítamente ós que o soliciten, no rexistro
do concello, Cimadevila (Barbadás), ou por teléfono: 988 36 00 00, e fax: 988 36 01 26.
Barbadás, 2 de novembro de 1998.
O alcalde
Rubricado
10222

