O Pleno do Concello, en sesión do 5 de outubro de 1998, acordou aprobar inicialmente o expediente de modificación puntual do Plan Xeral de Ordenación Urbana de Vigo Parque Tecnolóxico, tramitado por instancia do Consorcio da Zona Franca de Vigo, redactado pola empresa de urbanismo e enxeñería Iterurban, S.A., someténdoo a información pública polo prazo dun mes mediante a inserción de anuncios no Diario Oficial de Galicia, nun dos xornais de maior circulación da provincia e a notificación persoal ós propietarios afectados.
O que se fai público para xeral coñecemento segundo o establecido no artigo 42.1º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia. Signifícase que
o prazo de información pública se entenderá aberto desde o día da publicación do primeiro anuncio ata transcorrido un mes desde o derradeiro. O expediente atópase á disposición do público en xeral na oficina de información da Xerencia Municipal de Urbanismo (planta baixa da casa do concello).
Vigo, 22 de outubro de 1998.
Manuel Pérez Álvarez
Alcalde-presidente da Xerencia Municipal
de Urbanismo
10219

