Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 221 Venres, 13 de novembro de 1998 Páx. 12.272

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE LUGO

ANUNCIO de concurso, por procedemento aberto, de subministración de material.

1. Entidade adxudicadora: Deputación Provincial de Lugo.

2. Obxecto: subministración de butacas para a sala de audicións e servicios múltiples do Pazo Provincial.

3. Orzamento: 10.500.000 ptas.

4. Prazo de entrega: 1 mes.

5. Garantía provisional: dous por cento do orzamento de licitación, depositada na Tesourería da Deputación Provincial.

6. Información: Servicio de Plans Provinciais e Contratación (Negociado de Plans Especiais).

7. Presentación das ofertas:

a) Data límite de presentación: 26 días naturais, a partir do seguinte ó da publicación deste extracto de anuncio no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que hai que presentar: a especificada no prego de cláusulas económico administrativas particulares e técnicas.

c) Lugar de presentación: rexistro xeral da deputación provincial, das 10 ás 14 horas.

8. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

9. O texto íntegro deste anuncio figura publicado no BOP nº 252, con data do 3 de novembro de 1998.

Lugo, 3 de novembro de 1998.

Francisco Cacharro Pardo

Presidente da Deputación Provincial de Lugo

Faustino Martínez Fernández

Secretario da Deputación Provincial de Lugo

10218