Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 227 Luns, 23 de novembro de 1998 Páx. 12.581

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CARBALLEDA DE VALDEORRAS

ANUNCIO de concurso con procedemento aberto e tramitación urxente para adquisición de terreos en Sobradelo, destinados a instalación dun centro de atención a persoas maiores.

De conformidade co acordo plenario do 30 de outubro de 1998, anúnciase contratación mediante concurso, con procedemento aberto e tramitación urxente, para adquisición de terreo sito en Sobradelo, destinados a un centro de atención ás persoas maiores.

1. Obxecto: a adquisición de terreos sitos en Sobradelo para destinalos a un centro de atención ás persoas maiores.

O terreo ou terreos no suposto de que sexan estremeiros, han de cumpri-los seguintes requisitos:

Ter por si mesmo ou con outros que se oferten, sempre que sexan estremeiros, unha superficie estimada de cinco mil metros cadrados, 5.000 m.

Te-la consideración de solo urbano segundo as normas subsidiarias de planeamento do municipio.

Estaren situados no núcleo de Sobradelo.

2. Tipo de licitación: fíxase o tipo de licitación ou prezo de adquisición na cantidade máxima de dúas mil pesetas por metro cadrado, 2.000 ptas./m, que poderá ser mellorado á baixa polos concursantes.

3. Financiamento: o financiamento da adquisición do terreo é por conta do concello, existindo consignación suficiente nas partidas 4.68 e 4.68.009 do orzamento xeral vixente do ano 1998.

4. Garantía provisional: será do 2% do prezo de venda do terreo ofertado.

5. Exposición do prego de cláusulas administrativas: durante os catro primeiros días hábiles seguintes ó da publicación do prego e anuncio de licitación no BOP, se ben a licitación se aprazará no caso de que se formulen reclamacións contra o dito prego.

6. Obtención da documentación e información: na Secretaría do Concello, sito en Sobradelo, código postal 32330, teléfono 988 33 50 02, telefax 988 33 53 79, en horario de ofician de 9 a 14 horas,

ata o día no que remate o prazo de presentación das proposicións.

7. Presentación de proposicións e documentación: durante os 13 días naturais seguintes ó da última publicación do presente anuncio no BOP e no DOG.

Os que dexesen tomar parte no concurso presentarán a documentación que se relaciona no prego de cláusulas administrativas.

A proposición axustarase ó modelo previsto no prego de cláusulas administrativas.

8. Apertura de proposicións: terá lugar ás doce horas do día seginte hábil (agás sábados) a aquel no que finalice o prazo de presentación de proposicións.

Carballeda de Valdeorras, 4 de novembro de 1998.

Mª Carmen González Quintela

Alcaldesa

10559