Obxecto: substitución das celas do centro de transformación no Pazo Provincial da Deputación Provincial da Coruña.
Orzamento: 3.081.473.
Garantía provisional: 61.629 ptas.
Garantía definitiva: 123.259 ptas.
Prazo de execución: consistirá nunha fin de semana, dentro do mes seguinte ó da data da acta de comprobación do replanteo e entendendo por fin de semana o período comprendido entre as 15 horas do venres e as 24 horas do domingo.
Información: Sección de Patrimonio e Contratación.
Proposicións: poderán presentarse na Sección de Patrimonio e Contratación ata as 13 horas do día, dentro do prazo de 13 días naturais seguintes ó da derradeira publicación do anuncio de licitación no BOP ou DOG.
Gastos de anuncios: os gastos deste anuncio serán por conta do adxudicatario.
A Coruña, 13 de novembro de 1998.
Augusto César Lendoiro
Presidente da Deputación Provincial da Coruña
José Luis Almau Supervía
Secretario da Deputación Provincial da Coruña
10505

