1. Entidade adxudicadora: Concello da Coruña.
a) Dependencia que tramita o expediente: Sección de Contratación.
b) Número de expediente: As98/30.
2. Obxecto do contrato: a organización de dúas xornadas festivas infantís no frontón municipal de Riazor.
Prazo de execución: os días 18 e 19 de decembro de 1998.
3. Tramitación: ordinaria.
Procedemento: aberto.
Forma de adxudicación: concurso.
4. Orzamento base de licitación: 5.000.000 de pesetas (IVE incluído).
5. Garantía provisional: non se esixe.
6. Obtención de documentación e información:
a) Entidade: véxase punto 1.
b) Domicilio: praza de María Pita, 1, 2º.
c) Localidade: 15001 A Coruña.
d) Teléfono: 981 18 42 19.
e) Fax: 981 18 42 71.
f) Data limite de obtención de documentos e información: ata o día de finalización do prazo de presentación de proposicións.
7. Clasificación: non se esixe.
8. Presentación de ofertas:
a) Prazo: trece días naturais contados a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, finalizando ás 13 horas. No caso de resultar sábado o día de finalización do prazo, quedará este automaticamente prorrogado ó día hábil seguinte.
b) Documentación que hai que presentar: véxase prego de cláusulas administrativas particulares.
c) Lugar de presentación: Rexistro Xeral de Entrada.
d) Admisión de variantes: si.
9. Apertura de proposicións económicas e documentación técnica:
a) Lugar: véxase punto 6.
b) Data: véxase prego de cláusulas administrativas particulares.
c) Hora: 12 horas.
10. Outras informacións: nos anversos dos sobres consignarase con claridade o seu contido (Proposición económica, Documentación administrativa e Documentación técnica) e o seguinte lema Proposición que presenta (nome ou denominación social do licitador) ... para optar ó concurso para a contratación da organización de dúas xornadas festivas infantís no frontón municipal de Riazor (Ref. As98/30).
11. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.
A Coruña, 9 de novembro de 1998.
O alcalde
P.D
Rubricado
10621

