Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 230 Xoves, 26 de novembro de 1998 Páx. 12.739

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

ANUNCIO de aprobación definitiva.

O Pleno do Concello de Santiago de Compostela, en sesión do 29 de maio de 1998, aprobou definitivamente o proxecto de compensación da área de actuación nº 2 (UX-B) do PERI de Outeiro.

Contra este acordo, que lle pon fin á vía administrativa, poderase interpor recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, contados desde a publicación deste anuncio.

Santiago de Compostela, 16 de novembro de 1998.

O alcalde

Rubricado

10709