Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 233 Martes, 01 de decembro de 1998 Páx. 12.892

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CULLEREDO

ANUNCIO.

O Pleno municipal, na sesión celebrada o día vintesete de outubro de mil novecentos noventa e oito, acordou:

1. Aprobar con carácter definitivo a modificación puntual do PXOU vixente redactada polo arquitecto municipal, que ten por obxecto recoller graficamente o trazado da vía denominada rúa da Calzada en Vilaboa-Rutis que por erro non aparece reflectido no planeamento vixente, e a súa incorporación ó sistema viario local no largo e rasantes actualmente consolidados.

2. Determinar que este acordo é firme na vía administrativa e que pode ser obxecto de impugnación perante a Xurisdicción Contencioso-Administrativa no prazo e forma previstos na súa lei reguladora.

Culleredo, 29 de outubro de 1998.

Julio Sacristán de Diego

Alcalde

10354