Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 233 Martes, 01 de decembro de 1998 Páx. 12.893

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OLEIROS

ANUNCIO (FG-294).

Por resolución desta Alcaldía 4271/1998, con data do 24 de agosto de 1998, acordouse aprobar definitivamente a delimitación do ámbito do SUNP A-42-R e a fixación do sistema de actuación como o de compensación, en Montrove-Liáns.

Contra este acordo, que lle pon fin á vía administrativa, poderase interpor recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses.

Tamén se poderá interpo-lo recurso extraordinario de revisión cando concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 118 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Oleiros, 30 de outubro de 1998.

Esther Pita Pita

Alcaldesa-presidenta

10405