Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 236 Venres, 04 de decembro de 1998 Páx. 13.075

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

DECRETO 346/1998, do 20 de novembro, polo que se crean centros e se concede autorización para implantar estudios conducentes ás titulacións que se citan, no sistema universitario de Galicia.

A Lei 11/1989, do 20 de xullo, de ordenación do sistema universitario de Galicia (DOG nº 156, do 16 de agosto), supuxo a realización dunha planificación xeral do sistema. A esta planificación contribuíron decisivamente os seguintes decretos: Decreto 192/1993, do 29 de xullo, polo que se axustan titulacións impartidas na Comunidade Autónoma, se concede autorización de novos estudios e se crean máis centros no sistema universitario de Galicia (DOG do 17 de agosto); Decreto 250/1994, do 29 de xullo, polo que se axustan titulacións impartidas na Comunidade Autónoma e se concede autorización de novos estudios no sistema universitario de Galicia (DOG do 8 de agosto); Decreto 282/1995, do 19 de outubro, polo que se crean centros e se concede autorización para implantar estudios conducentes a titulacións novas no sistema universitario de Galicia (DOG do 27 de outubro); Decreto 384/1996, do 17 de outubro, polo que se crea a Facultade de Filosofía e a Facultade de Ciencias da Educación na

Universidade de Santiago de Compostela por segregación da Facultade de Filosofía e Ciencias da Educación e supresión da estructura administrativa da Escola Universitaria de Formación

do Profesorado de EXB no Campus de Santiago de Compostela (DOG do 5 de novembro) e o Decreto 248/1998, do 10 de setembro, polo que se autoriza o traslado dos estudios conducentes á obtención do título de licenciado/a en Filoloxía Galega do Campus de Pontevedra ó Campus de Vigo, da Universidade de Vigo (DOG do 18 de setembro).

Unha vez rematado o proceso de expansión do sistema universitario de Galicia, trabállase a prol da súa consolidación, atendendo expresamente os problemas derivados da definición específica de cada campus.

Neste decreto, baixo a formulación xeral exposta, considérase, para o sistema universitario de Galicia, a creación de determinados centros e a implantación de estudios que teñen cumpridos xa tódolos requisitos previos ó acto formal de creación por parte da Xunta de Galicia.

Con este decreto dáselle cumprimento á autorización de implantación dunha nova titulación na Universidade de Santiago de Compostela, no seu Campus de Lugo, a creación de novos centros e autorización de implantación de novas titulacións na Universidade de A Coruña, nos seus Campus da Coruña e de Ferrol, ademais da creación dun novo centro universitario na Universidade de Vigo, no seu Campus de Pontevedra.

Estas modificacións inscríbense no marco de aplicación dos principios de complementariedade interdisciplinar para grandes áreas científicas e de especialización de campus establecidos na LOSUG, e na reorganización dos centros existentes no sistema universitario de Galicia.

Por todo isto, en aplicación do artigo 2.4º da Lei 5/1987, do 27 de maio, do Consello Social da Universidade e do Consello Universitario de Galicia, por instancia do Consello Social da Universidade, co informe do Consello de Universidades e oído o Consello Universitario de Galicia, e en uso das atribucións conferidas pola Lei 1/1983, do 22 de febreiro (DOG nº 23, do 21 de marzo), reguladora da Xunta e do seu presidente, modificada pola Lei 11/1988, do 20 de outubro (DOG nº 208, do 28 de outubro), por proposta do conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día vinte de novembro de mil novecentos noventa e oito,

DISPOÑO:

Universidade de Santiago de Compostela

Campus de Lugo.

Artigo 1º

Concédese autorización para que na Facultade de Ciencias se implante o segundo ciclo das ensinanzas conducentes á obtención do título de licenciado en química.

Universidade da Coruña

Campus da Coruña.

Artigo 2º

Concédese autorización para que na actual Facultade de Filoloxía, creada polo Decreto 416/1990, do 31 de xullo, e cambiada de denominación polo Decreto 282/1995, do 19 de outubro, se implanten as ensinanzas conducentes á obtención do título de licenciado/a en filoloxía galega.

Artigo 3º

1. Créase a Escola Universitaria de Terapia Ocupacional.

2. Concédese autorización para que na Escola Universitaria de Terapia Ocupacional se alberguen as ensinanzas conducentes á obtención do título de diplomado/a en Terapia Ocupacional, xa autorizadas polo Decreto 192/1993, do 29 de xullo (DOG do 17 de agosto), segregándose estas ensinanzas da Escola Universitaria de Fisioterapia, na que estaban albergadas en virtude do Decreto 282/1995, do 19 de outubro (DOG do 27 de outubro).

Artigo 4º

1. Autorízase a adscrición da Escola de Turismo «Centro Español de Nuevas Profesiones» da Coruña á Universidade da Coruña, como Escola Universitaria de Turismo, de acordo co establecido no punto 1 da disposición transitoria quinta do Real decreto 259/1996, do 16 de febreiro (BOE do 5 de marzo), sobre incorporación á universidade dos estudios superiores de turismo, e no convenio de adscrición subscrito entre a Escola de Turismo «Centro Español de Nuevas Profesiones» da Coruña e a Universidade da Coruña.

2. Concédese autorización para que na citada Escola Universitaria de Turismo se implanten as ensinanzas conducentes á obtención do título de diplomado/a en turismo.

Campus de Ferrol.

Artigo 5º

1. Créase a Escola Universitaria de Deseño Industrial.

2. Concédese autorización para que na citada escola universitaria se implanten as ensinanzas conducentes á obtención do título de enxeñeiro/a técnico/a en deseño industrial.

Artigo 6º

1. Créase a Escola Universitaria de Enfermería e Podoloxía, por transformación da Escola Universitaria de Enfermería, creada polo Decreto 416/1990, do 31 de xullo (DOG do 10 de agosto).

2. Concédese autorización para que na citada Escola Universitaria de Enfermería e Podoloxía se impartan as ensinanzas conducentes á obtención do título

de diplomado/a en enfermería, xa autorizadas polo Decreto 416/1990, do 31 de xullo, e se implanten as ensinanzas conducentes á obtención do título de diplomado/a en podoloxía.

Universidade de Vigo

Campus de Pontevedra.

Artigo 7º

1. Créase a Escola Universitaria de Fisioterapia.

2. Concédese autorización para que na Escola Universitaria de Fisioterapia se alberguen as ensinanzas conducentes á obtención do título de diplomado/a en fisioterapia, xa autorizadas polo Decreto 192/1993, do 29 de xullo (DOG do 17 de agosto), segregándose estas ensinanzas da Facultade de Ciencias Sociais na que estaban albergadas en virtude do citado Decreto 192/1993, do 29 de xullo.

Disposicións adicionais

Primeira.-Respecto da homologación dos plans de estudios, as universidades ateranse ó disposto no artigo 10 do Real decreto 1497/1987, do 27 de novembro (BOE do 14 de decembro), modificado polos seguintes reais decretos: Real decreto 1267/1994, do 10 de xuño (BOE do 11 de xuño); Real decreto 2347/1996, do 8 de novembro (BOE do 23 de novembro); Real decreto 614/1997, do 25 de abril (BOE do 16 de maio) e Real decreto 779/1998, do 30 de abril (BOE do 1 de maio).

Segunda.-A efectiva impartición dos estudios autorizados nos artigos 1º, 2º, 4º, 5º e 6º deste decreto queda sometida ó procedemento ordinario que cómpre segundo a Lei 11/1983, do 25 de agosto, de reforma universitaria e, en concreto, o Real decreto 1497/1987, do 27 de novembro, polo que se establecen as directrices xerais comúns dos plans de estudios dos títulos universitarios de carácter oficial e con validez en todo o territorio nacional, e os reais decretos que o modifican.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Autorízase o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria para que, no ámbito das súas competencias, dicte as disposicións necesarias para o desenvolvemento do presente decreto.

Segunda.-O presente decreto entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, vinte de novembro de mil novecentos noventa e oito.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

10933