Por resolución desta alcaldía nº 5202/1998, con data do 20 de outubro do 1998, acordouse aprobar inicialmente o proxecto de reparcelación voluntaria na U.A. nº 1 (Plan especial do porto de praia de Mera), en Xoez, Serantes.
Acordouse, así mesmo, proceder á exposición pública do expediente polo prazo de vinte días, que computará desde a derradeira publicación (DOG ou prensa), nas oficinas municipais de Urbanismo, das 9 ás 13 horas, tódolos días laborables, prazo no que se poderán presenta-las alegacións que se consideren oportunas.
Oleiros, 30 de outubro de 1998.
Esther Pita Pita
Alcaldesa-presidenta
10484

