Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 237 Mércores, 09 de decembro de 1998 Páx. 13.192

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE PONTECESO

ANUNCIO.

En cumprimento do acordado pola sección 2ª da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no recurso número 02/0006494/1998, ponse en coñecemento daquelas persoas que poidan te-lo carácter de interesadas no dito recurso, a paralización das obras correspondentes a determinados tramos de acceso ó futuro parque eólico de Corme G-3, co obxecto de que poidan comparecer no dito expediente no prazo de nove días hábiles contados a partir do seguinte ó desta publicación.

Ponteceso, 12 de novembro de 1998.

José Luis Fondo Aguiar

Alcalde

10482