Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 237 Mércores, 09 de decembro de 1998 Páx. 13.192

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO da aprobación inicial do E.D. do soar sito na travesía de Vigo, número 80 (expediente 4973/411).

O Consello da Xerencia de Urbanismo, en sesión celebrada o día 6 de novembro de 1998, acordou aprobar inicialmente o estudio de detalle do soar sito na travesía de Vigo nº 80, formulado por Francisco A. Suárez Álvarez e redactado polos arquitectos Castro y Alonso, con data de visado polo COAG do 6 de outubro de 1998.

Sométese a información pública polo prazo dun mes mediante a inserción de anuncios no DOG, prensa local e notificacións persoais ós propietarios afectados.

O prazo de exposición ó público entenderase aberto desde a primeira publicación ata o remate do mes contado desde o derradeiro anuncio. A documentación atópase na oficina de información da Xerencia Municipal de Urbanismo ó dispor do público, planta baixa da Casa do Concello.

O presente anuncio servirá de notificación nos termos do artigo 59 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común para tódolos propietarios e interesados directamente afectados que, por resultaren descoñecidos ou por ignorarse o seu enderezo, non poidan ser notificados persoalmente.

Vigo, 24 de novembro de 1998.

Manuel Pérez Álvarez

Alcalde-presidente da Xerencia Municipal

de Urbanismo