En cumprimento do disposto no artigo 2, punto 4º, do Decreto 327/1991, do 4 de outubro, de avaliación dos efectos ambientais para Galicia (DOG nº 199, do 15 de outubro), e durante o prazo de vinte días o órgano ambiental someterá o estudio de efectos ambientais ó trámite de información pública mediante anuncio no Diario Oficial de Galicia.
Na súa virtude,
RESOLVO:
1. Someter a información pública o estudio de efectos ambientais do proxecto de aproveitamento hidroeléctrico de igrexas no río Edo, situado no concello de Castro Caldelas, provincia de Ourense e promovido por Energía de Galicia, S.A. (Engasa).
2. Para os devanditos efectos informativos, poranse á disposición dos administrados exemplares nas seguintes dependencias:
-Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental.
-Delegación Provincial da Consellería de Medio Ambiente da provincia de Ourense.
-Concello de Castro Caldelas.
3. As alegacións formularanse durante o prazo de vinte días, contados a partir do seguinte día á publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 24 de novembro de 1998.
Francisco Pan-Montojo González
Director xeral de Calidade e Avaliación Ambiental
10955

