A Fundación Instituto Galego de Oftalmoloxía (INGO) necesita adquirir un microqueratomo corneal para cirurxía refractiva (Lasik), coas seguintes características:
-Corte vertical.-Diferentes galgas de 160 e 180 micras.-Aneis de resección de 8,5 e 9,5 m.m.-Adaptador ámbolos ollos.-Marcador de referencia.-Motor eléctrico.-Bomba de baleiro regulable.-Sistema de seguridade en baleiro para fallos de corrente.-Autocompensación electrónica de velocidade de corte.-Dobre pedal.-Parada automática.
Envío de ofertas ó apartado 923 de Santiago de Compostela coa referencia MC.
O prazo de presentación das ofertas será de 7 días naturais desde a data da publicación do presente anuncio.
Santiago de Compostela, 9 de novembro de 1998.
Elío Díez-Feijoo Arias
Director técnico

