Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 242 Mércores, 16 de decembro de 1998 Páx. 13.440

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ACORDO do 11 de decembro de 1998, do tribunal encargado de xulga-las probas selectivas para o ingreso no corpo superior da Administración da Xunta de Galicia, escala superior de estatísticos, grupo A, polo que se fai público o lugar de exposición das cualificacións obtidas polos aspirantes no segundo exercicio da fase de oposición e o lugar, a data e a hora de celebración do terceiro exercicio da fase de oposición.

Primeiro.-As listas de aspirantes, coas puntuacións do segundo exercicio, están expostas no taboleiro de anuncios do Instituto Galego de Estatística.

Así mesmo, publicaranse no taboleiro de anuncios da Escola Galega da Administración Pública e poderán consultarse a través dos teléfonos 902 12 00 12 e 981 54 42 99, de información ó cidadán.

Segundo.-Convócanse os aspirantes aprobados á celebración do terceiro exercicio para o día 22 de decembro de 1998, ás 9 horas, no salón de actos da Escola Galega da Administración Pública (rúa de Madrid 2-4, Santiago de Compostela).

Os aspirantes deberán comparecer no lugar indicado provistos do DNI e bolígrafo.

Santiago de Compostela, 11 de decembro de 1998.

José A. Campo Andión

Presidente do tribunal

11177