Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita:
Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.
Domicilio social: Sáenz Díez, 45, 32003 Ourense.
Denominación: desvío C.P. Ferreira de Pantón-Escairón (tramo Ferreira-Currelos).
Situación: Ferreira de Pantón.
Características técnicas: liña de media tensión a 20 kV de 0,179 km de lonxitude en conductor LA-56/54.6 mm. Liñas de baixa tensión de 530 m de lonxitude en conductor R.Z. sobre apoios de formigón.
Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial, resolve,
Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, cunhas características que se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.
Lugo, 9 de novmebro de 1998.
Jesús Bendaña Suárez
Delegado provincial de Lugo
10580

