Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 242 Mércores, 16 de decembro de 1998 Páx. 13.452

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 9 de novembro de 1998, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 98/174-1).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita.

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Avda. de Arteixo, 171, 15000 A Coruña.

Denominación: ampliación módulo 66 kV, liña Leyma-Subestación Sabón.

Situación: Arteixo.

Descricións técnicas: ampliación da subestación eléctrica de Sabón, dotándoa dun novo módulo 66 kV de liña Leyma coa seguinte aparamenta. Interruptor automático tripolar en SF6 de 2.000 A. Dous seccionadores con mando tripolar para barras de 1.250 A. Seccionador tripolar con coitelas de P.A.T. de liña para 1.250 A. Transformador de tensión e intensidade. Autoválvulas para 10 kA. Equipos para control, proteccións e medida e servicios auxiliares. Arteixo.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997 do 27 de novembro, e nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu,

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran

nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

A Coruña, 9 de novembro de 1998.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña

11385