Período hábil para a presentación de candidaturas:
Ábrese o prazo de presentación de candidaturas á asemblea desde a publicación deste anuncio ata o día 26 de decembro de 1998 ás 14 horas.
O prazo de aceptación de recursos contra as decisións da xunta electoral será desde o día 31 de decembro de 1998 ata o día 4 de xaneiro de 1999.
O censo electoral estará exposto na Federación Galega de Golf á disposición de calquera club que solicite unha copia. Poderanse realizar reclamacións ata o día 31 de decembro de 1998.
Número de representantes por cada sector:
Clubs deportivos: 18 representantes.
Deportistas: 4 representantes (1 por provincia).
Adestradores: 1 representante.
Outros colectivos: 1 representante.
As mesas electorais terán sede nos clubs con representantes na asemblea. As votacións terán lugar o día 16 de xaneiro de 1999, desde as 10 horas ata as 18 horas.

