Examinado o expediente instruído por instancia do titular do centro privado Apóstol Santiago de Vigo, no que se solicita autorización do bacharelato da modalidade de tecnoloxía.
Tendo en conta que o expediente foi tramitado pola Delegación Provincial da Consellería de Edu
cación e Ordenación Universitaria de Pontevedra, que se remite cos informes correspondentes.
Vistos a Lei 1/1990, do 3 de outubro (BOE do 4), de ordenación xeral do sistema educativo, Real decreto 1004/1991, do 14 de xuño (BOE do 26), polo que se establecen os requisitos mínimos dos centros que imparten ensinanzas de réxime xeral non universitarias, Decreto 133/1995, do 10 de maio (DOG do 22), sobre autorización de centros docentes privados para impartir ensinanzas de réxime xeral non universitarias e a Orde do 20 de setembro de 1995 (DOG do 15 de decembro) que o desenvolve.
Considerando que concorren no expediente os requisitos esixidos nas disposicións vixentes para poder acceder ó solicitado.
Esta consellería, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Inspección Educativa,
DISPÓN:
Primeiro.-Autoriza-lo bacharelato da modalidade de tecnoloxía, segundo se especifica no anexo desta orde.
Segundo.-Antes do inicio das ensinanzas que se autorizan, a Delegación Provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, logo de informe da Inspección Educativa, aprobará expresamente a relación de persoal que impartirá docencia no dito centro.
Terceiro.-Queda o centro obrigado ó cumprimento da lexislación vixente e a solicita-la oportuna revisión cando teña que modificarse calquera dos datos que sinala a presente orde.
Santiago de Compostela, 23 de novembro de 1998.
Celso Currás Fernández
Conselleiro de Educación e Ordenación
Universitaria
ANEXO
Provincia: Pontevedra.
Concello: Vigo.
Localidade: Vigo.
Enderezo: Sanjurjo Badía, nº 79.
Código do centro: 36010903.
Denominación específica: Apóstol Santiago.
Titular: Compañía de Jesús.
Ensinanzas que se autorizan: bacharelato da modalidade de tecnoloxía.
Composición resultante:
a) Centro de educación infantil: 6 unidades.
b) Centro de educación primaria: 24 unidades.
c) Centro de educación secundaria: 16 unidades de educación secundaria obrigatoria.
d) Centro de bacharelato: 10 unidades das modalidades de ciencias da natureza e da saúde, humanidades e ciencias sociais e tecnoloxía.
11289

