O conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, con data do 22 de outubro de 1998, resolveu outorgar, con carácter definitivo, á empresa Vigo Álvarez, S.L. a concesión do servicio público regular permanente de uso xeral de transporte de viaxeiros por estrada: V-3061; XG-346, entre Lugo e San Martiño de Corbelle, con anexos, por substitución da concesión: V-3061; XG-346, de igual denominación, de acordo entre outras, coas seguintes condicións particulares:
1. Itinerarios e puntos de parada.
*Lugo, Rozas, Angroba, Cornide, Arcos, Castro de Ribeiras de Lea, Traba, Xermar, Feira do Monte, San Paio, Argán, Santo Estevo do Árbol, Moncelos, Fontevella, Rieiro e San Martiño de Corbelle.
*Feira do Monte, Vilapene, Seixas, Empalme e Pino.
*Arxán, Rañal, Carballido, Igrexa, Carballido, Aldixe e Baroncelle.
2. Prohibicións de tráfico.
*De e entre Moncelos e Santo Estevo do Arbo, e viceversa.
*De e entre San Paio e Feira do Monte, e viceversa.
*De e entre Castro de Ribeiras de Lea e Arcos, e viceversa.
*De e entre Angroba e Lugo, puntos intermedios e viceversa.
3. Expedicións.
Lugo-San Martiño de Corbelle (53 km).
*Unha expedición de ida e volta diaria excepto domingos.
*Unha expedición de ida e volta de luns a sábados laborables.
Feira do Monte-Pino (8,8 km).
*Dúas expedicións de ida e volta de luns a sábados laborables.
*Unha expedición de ida e volta o 3º domingo de cada mes por ser día de feira.
Arxán-Baroncelle (16,5 km).
*Unha expedición de ida e dúas de volta de luns a sábados laborables.
*Unha expedición de ida e dúas de volta o 3º domingo de cada mes por ser día de feira.
4. Tarifas.
Tarifa aplicable:
-Tarifa partícipe por viaxeiro/km: 8,554 pesetas.
-Tarifa usuario: 9,152 pesetas.
-Exceso de equipaxes e encargas (excluído IVE): 1,28 pesetas.
Contra a citada disposición, definitiva en vía administrativa, cabe interpoñer recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xusticia de Galicia no prazo de dous meses, contados a partir da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 20 de novembro de 1998.
Juan Carlos Villarino Tejada
Director xeral de Transportes
10995

