Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a solicitude da empresa Áridos C.N.C, S.L., con enderezo social en Miramontes, Grixoa, s/n, Santiago de Compostela (A Coruña) para autorización administrativa da instalación eléctrica que se cita:
Instalación dunha planta de coxeración composta por tres motores de combustión interna alimentados por gasóleo, de 1.328 kW cadA un; tres xeradores síncronos trifásicos de 1.800 kVA cada un, cunha tensión de xeración de 380 V; un transformador de 6.000 kVA e relación de transforamción 15.000/380 V, e instalación de baixa tensión, regulación, control e interconexión coa liña eléctrica da compañía distribuidora.
Lugar onde se vai establece-la instalación: instalacións industriais da sociedade en Miramontes-Grixoa, s/n, Santiago de Compostela (A Coruña).
Orzamento: 339 millóns de pesetas.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas reclamacións ou oposición, no prazo de trinta días, nesta delegación provincial, edificio administrativo de servicios múltiples Monelos, 15071 A Coruña.
A Coruña, 2 de novembro de 1998.
Manuel Estévez Mengotti
Delegado provincial da Coruña en funcións
11327

