Ponse en coñecemento dos interesados na concentración parcelaria da zona de San Pedro de Outes e San Miguel de Valadares (Outes-A Coruña), declarada de utilidade pública e urxente execución polo Decreto de 135/1991, do 12 de abril (DOG nº 81 de 29 de abril), que a xunta local da zona, na súa reunión do 5 de novembro de 1998, aprobou as bases definitivas de concentración, que estarán expostas ó público no Concello de Outes e na zona, durante o prazo de trinta días hábiles, contados desde o seguinte ó da última inserción deste aviso no Diario Oficial de Galicia e no BOP, no xornal de máis circulación da provincia, no lugar habitual da parroquia e no taboleiro de anuncios do concello, de conformidade co que determina a Lei de concentración parcelaria para Galicia, do 14 de agosto de 1985 (artigo 36).
Os documentos que se poden examinar no concello refírense á determinación do perímetro (predios da periferia que se incluíron ou excluíron, superficies que se exceptúan por seren de dominio público e relación de predios excluídos), a clasificación de terras e a fixación de coeficientes que servirán de base para face-las compensacións que sexan necesarias e a determinación de propietarios e titulares de gravames e outras situacións xurídicas das que se declara formalmente a súa titularidade.
Contra estas bases os interesados poden interpoñer recurso de alzada perante conselleiro de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria dentro do prazo dos trinta días sinalados, na Xefatura de Desenvolvemento Rural (edificio administrativo, praza Luis Seoane, s/n, 6ª planta, A Coruña), nas oficinas centrais da consellería (San Caetano, s/n, Santiago de Compostela) ou en calquera das dependencias ás que fai referencia o artigo 38.4º da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, por si mesmos ou por representación, facéndose constar no escrito un enderezo dentro do termo municipal para os efectos das notificacións que procedan.
A Coruña, 11 de novembro de 1998.
Rodolfo M. Rodríguez González
Xefe do Servicio de Desenvolvemento Rural de A Coruña
10923

