Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 243 Xoves, 17 de decembro de 1998 Páx. 13.504

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE RIBADEO

ANUNCIO de licitación.

En cumprimento da resolución da Alcaldía do 20-11-1998 e do disposto nos Art. 79 da 13/1995,

do 18 de maio, de contratos das administracións públicas e 326 da Lei 7/1997, do 22 de xullo, da Admon. local de Galicia, faise pública a licitación do seguinte.

Contrato de subministración.

1. Obxecto: subministración dunha máquina varredora para o servicio de limpeza viaria, axustada ó prego de condicións técnicas.

2. Tramitación: ordinaria.

3. Procedemento: aberto.

4. Sistema de adxudicación: concurso.

5. Prezo e financiamento: 16.000.000 de ptas. IVE incluído, con cargo á partida 98/442.623.

6. Prazo de entrega: 1 mes desde a sinatura do contrato.

7. Período de garantía: 1 ano, cláusula 3ª.

8. Fianza provisional: 320.000 ptas.

9. Fianza definitiva: 640.000 ptas.

10. Clasificación:

11. Presentación de ofertas: durante os 26 días naturais seguintes ó da publicación deste anuncio no DOG, cos requisitos do Art. 8 do prego de condicións, presentándoas no rexistro do concello ou remitíndoas por correo, comunicándoo neste caso mediante telegrama ou fax.

O prego de condicións económico-administrativas particulares está á diposición de tódolos contratistas interesados nas oficinas xerais do Concello de Ribadeo, Pza. de España nº 1, 27700 Ribadeo-Lugo, teléfono 982 128650, Fax 982 13 09 75, horario de atención ó publico de 9 a 14 horas, de luns a venres.

12. Modelo de proposición: «Don/Dona ..., maior de idade, veciño/a de ..., con domicilio en ..., titular de DNI/NIF nº..., actuando en nome propio (ou en representación de ... o que acredito con poder verificado para o efecto) informado do concurso aberto tramitado por ese concello para a axudicación do contrato de subministración dunha máquina varredora.

Manifesta que informado e conforme cos pregos de condicións económico-administrativas particulares e prego de prescricións técnicas que o rexerán, se compromete a realiza-la subministración polo prezo de..(en letra e número) IVE incluído, nas condicións e cos méritos da memoria adxunta.

Descrición detallada das características técnicas e prestacións da máquina ofertada (folletos, fotografías..) e, se é o caso, das variantes. Serán obxecto de avaliación os seguintes apartados; cabina, chasis, dirección, cepillos (dimensións e número), boca de aspiración, velocidade, velocidade de varrido, capacidade de varrido, outros que se recollan na oferta.

Duración e cobertura do período de garantía.

Servicio de asistencia técnica, localización, medios, operatividade, etc.

13. Apertura de proposicións: realizara a mesa de contratación en acto público, segundo a cláusula 10 do prego, dentro dos 10 días seguintes ó do remate de presentación de ofertas e logo da convocatoria ós licitadores.

Ribadeo, 20 de novembro de 1998.

José Carlos Rodríguez Andina

Alcalde

11461