Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 244 Venres, 18 de decembro de 1998 Páx. 13.535

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 30 de novembro de 1998, da Dirección Xeral de Transportes, pola que se somete a información pública expediente de modificación da concesión (ampliación de tráficos) do servicio público regular permanente de uso xeral de transporte de viaxeiros por estrada: V-7022; XG-396, entre A Coruña e Vigo e a Muros por Santiago de Compostela, con anexos e anexos-desviación.

Ó abeiro do establecido na Lei 16/1987, do 30 de xullo, de ordenación dos transportes terrestres, e no seu regulamento de execución, aprobado polo Real decreto 1211/1990, do 28 de setembro, iniciouse expediente de modificación da concesión (ampliación de tráficos O Grove-Vilalonga por Sanxenxo) do servicio público regular permanente de uso xeral de transporte de viaxeiros por estrada: V-7022; XG-396, entre A Coruña e Vigo e a Muros por Santiago de Compostela, con anexos e anexos-desviación, da titularidade da empresa Castromil, S.A.

Esta ampliación de tráficos únese ó expediente de substitución e unificación das concesións da titularidade de Castromil, S.A. sometido a información pública por resolución da Dirección Xeral de Transportes do 2 de marzo de 1998 (DOG do 24-3-1998).

Os interesados ou afectados no expediente poderán comparecer no procedemento e, tralo exame da documentación pertinente nos servicios provinciais de Transportes de Pontevedra e A Coruña (estación de autobuses) efectua-las alegacións que consideren oportunas no prazo dun mes contado a partir do día da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 30 de novembro de 1998.

Juan Carlos Villarino Tejada

Director xeral de Transportes

10686