Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita.
Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.
Enderezo social: Avda. de Arteixo, 171, 15000 A Coruña.
Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. Pedras Brancas.
Situación: Bergondo.
Descricións técnicas: L.M.T. aérea a 15/20 kV de 107 m de lonxitude en conductor LA-56, que parte da L.M.T. San Marcos-Guísamo e remate no C.T. aéreo de Pedras Brancas de 100 kVA a 15.000±2,5-5%/398-230 V e empate con B.T. existente. Concello de Bergondo.
Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997 do 27 de novembro, e nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu,
Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.
A Coruña, 4 de novembro de 1998.
Manuel Estévez Mengotti
Delegado provincial da Coruña en funcións
10314

