En cumprimento do establecido na Lei de Galicia 10/1996, do 5 de novembro, de actuación de entes e empresas nas que ten participación maioritaria a Xunta de Galicia, en materia de persoal e contratación, e de conformidade co acordo adoptado polo Padroado da Fundación para o Desenvolvemento da
Comarca da Terra Chá, na reunión do día 18 de novembro de 1998, convócanse probas de selección para cubrir, baixo a modalidade de contratación indefinida, unha praza de xerente para facerse cargo da xestión da dita fundación.
As condicións específicas do contrato de traballo así como as funcións que vai realiza-lo xerente da fundación estarán á disposición dos interesados na sede da Sociedade Anónima para o Desenvolvemento Comarcal de Galicia, en adiante S.D.C. sita na estrada Santiago-Noia km 3. A Barcia (Santiago de Compostela). Telf.:981 54 58 54.
I. Requisitos xerais.
-Ter nacionalidade dun país membro da Unión Europea.
-Ser maior de 18 anos.
-Acreditar grao de licenciado ou equivalente.
II. Coñecementos que se requiren.
a) Coñecementos específicos:
-As regulacións e normativas legais que afectan o modelo de desenvolvemento comarcal.
-Metodoloxías e planificación estratéxica do desenvolvemento comarcal.
-Xestión e coñecemento de programas de desenvolvemento local e creación de emprego.
-Xestión e administración de fundacións de interese galego e de institucións sen finalidade de lucro.
-Estructura social e económica da comarca da Terra Chá.
b) Coñecementos complementarios:
-Acredita-lo coñecemento da lingua galega.
-Posuír e acredita-lo coñecemento de informática a nivel usuario.
III. Documentación que hai que presentar.
-Fotocopia DNI.
-Currículum vitae xunto coa documentación orixinal ou fotocopia compulsada que acredite os coñecementos, a titulación requirida, méritos e experiencia profesional.
-Solicitude dirixida ó presidente da fundación (anexo I).
IV. Lugar e prazo de presentación.
-As solicitudes presentaranse nas dependencias da Sociedade Anónima para o Desenvolvemento Comarcal de Galicia, sita na estrada Santiago-Noia, km 3. A Barcia. 15896 Santiago de Compostela.
-O prazo de presentación será de 20 días naturais contados a partir do día seguinte ó da publicación destas bases no Diario Oficial de Galicia.
V. Comisión de selección.
A comisión de selección estará formada polos seguintes membros:
Presidente: Andrés Precedo Ledo, presidente do padroado da fundación.
Secretario: Arturo Pereiro Vilariño, vicepresidente do padroado da fundación.
Vocais: José Mª Soriano Villalba, xefe de Asuntos Económicos da Sociedade Anónima para o Desenvolvemento Comarcal de Galicia.
José Figueroa Dávila, xefe Acción Comarcal da Sociedade Anónima para o Desenvolvemento Comarcal de Galicia.
Antonio Doval Adán, xefe de Planificación e Estudios da Sociedade Anónima para o Desenvolvemento Comarcal de Galicia.
VI. Proceso de selección.
1. Expirado o prazo de presentación de solicitudes, a comisión de selección publicará as listas previas de admitidos e excluídos, coa motivación da exclusión, se é o caso; establécese un prazo de cinco días hábiles para que, por petición do interesado, se poida reparar calquera erro que sexa emendable. Esgotado este prazo, publicaranse as listas definitivas de admitidos e excluídos e fixarase o lugar e data de celebración da proba de selección. Os candidatos deberán asistir provistos do DNI. Estas listas publicaranse no taboleiro de anuncios da Sociedade Anónima para o Desenvolvemento Comarcal de Galicia.
2. As probas de selección consistirán en:
a) Proba tipo test de coñecementos específicos sobre os contidos que se recollen no punto II a). A puntuación máxima que se poderá acadar nesta proba é de 10 puntos. Os candidatos que non acaden a puntuación de 5 puntos nesta proba, quedarán automaticamente eliminados.
b) Valoración do currículum vitae. Os candidatos que superen a proba anterior participarán na segunda consistente na valoración do currículum vitae. Para a valoración do currículum teranse en conta os seguintes criterios:
máximaCriterios Puntuación
1. Responsabilidade na xestión de fundacións ou empresas, cooperativas, asociacións e outras institucións (grupos de cotización á Seguridade Social 1 ou 2) (puntuación 0,2/mes). 4
2. Promoción e xestión de programas comunitarios (puntuación 0,1/mes) 1
3. Promoción e xestión de iniciativas de desenvolvemento (puntuación 0,1/mes) 1
4. Coñecemento da lingua galega (cursos de iniciación e perfeccionamento) 0,5
5. Coñecemento de informática 0,5
Puntuación total 7
A puntuación máxima que se poderá acadar na valoración do currículum é de 7 puntos.
Unha vez valoradas as probas anteriores, a comisión de selección publicará no taboleiro de anuncios da Sociedade Anónima para o Desenvolvemento Comarcal de Galicia os resultados definitivos con indicación expresa do candidato seleccionado.
Santiago de Compostela, 27 de novembro de 1998.
Andrés Precedo Ledo
Presidente do Padroado da Fundación para o Desenvolvemento da Comarca da Terra Chá
ANEXO I
D/Dna. ...., con DNI ...., en virtude da convocatoria da praza de xerente da Fundación para o Desenvolvemento da Comarca da Terra Chá convocada pola Fundación para o Desenvolvemento da Comarca da Terra Chá,
SOLICITA:
Participar no proceso selectivo para cubrir unha praza de xerente convocada mediante anuncio público desa fundación no DOG nº .... con data do .... Para tal fin achégase documentación conforme o recollido nas bases da citada convocatoria.
En Santiago de Compostela, .... de ..... de 1998.
Fdo.: ........................
Presidente da Fundación para o Desenvolvemento da Comarca da Terra Chá
11482

