Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 6 Martes, 12 de xaneiro de 1999 Páx. 309

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

DECRETO 374/1998, do 29 de decembro, polo que se modifica o Decreto 12/1998, do 8 de xaneiro, polo que se establece a estructura orgánica da Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento.

O Decreto 350/1997, do 10 de decembro, polo que se determina a estructura orgánica dos centros directivos dependentes da Presidencia da Xunta de Galicia crea a Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento, e establécese polo Decreto 12/1998, do 8 de xaneiro, a súa estructura orgánica.

A experiencia acadada no primeiro ano de funcionamento da Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento xunto coa aprobación do Plan Galego de Investigación e Desenvolvemento Tecnolóxico fai necesario modifica-la súa estructura orgánica co fin de acomodala ós obxectivos do plan e ós marcados na Lei de fomento da investigación e de desenvol

vemento tecnolóxico de Galicia, Lei 12/1993, do 6 de agosto.

Na súa virtude, de conformidade co disposto na Lei de Galicia 1/1993, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente, moficada pola Lei de Galicia 11/1998, do 20 de outubro, por proposta do conselleiro da Presidencia e Administración Pública, logo de informe favorable das consellerías da Presidencia e Administración Pública e Economía e Facenda e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día vintenove de decembro de mil novecentos noventa e oito,

DISPOÑO:

Artigo 1º

A Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento terá rango de dirección xeral e dependerá funcionalmente da Presidencia da Xunta de Galicia e organicamente da Consellería da Presidencia e Administración Pública.

Artigo 2º

Correspóndelle á Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento o exercicio das seguintes funcións:

a) A ordenación, a planificación e a execución de competencias en materia de fomento da investigación en relación coas que lle correspondan segundo o disposto no artigo 27.19º do Estatuto de autonomía; a Lei estatal 13/1986, do 14 de abril, de fomento e coordinación xeral da investigación científica e técnica; a Lei de Galicia 12/1993, do 6 de agosto, de fomento da investigación e de desenvolvemento tecnolóxico, así como as disposicións dictadas no seu desenvolvemento.

b) A elaboración da proposta, e, se é o caso, execución, de plans específicos de apoio á formación e actualización do persoal investigador sen prexuízo das competencias que lles correspondan ós distintos departamentos da Xunta de Galicia.

c) O fomento e coordinación das actuacións destinadas á dotación de infraestructuras de apoio á investigación en Galicia.

d) A coordinación dos recursos da investigación, as accións de expansión da comunidade científica, a promoción da consecución da calidade total no sistema ciencia-tecnoloxía-sociedade e desenvolvemento dos servicios comúns de apoio á comunidade científica sen prexuízo das competencias que lles correspondan ós distintos departamentos da Xunta de Galicia.

e) As relacións cos órganos nacionais e internacionais de investigación e desenvolvemento tecnolóxico sen prexuízo das competencias que lles correspondan ós distintos departamentos da Xunta de Galicia.

f) O desempeño das accións precisas para a difusión de coñecementos, información e promoción da ciencia e tecnoloxía sen prexuízo das competencias que lles correspondan ós distintos departamentos da Xunta de Galicia.

g) O coñecemento e coordinación das investigacións, dos programas e dos proxectos nos que participan os centros e institucións de Galicia.

h) A elaboración de estatísticas sobre a investigación e desenvolvemento tecnolóxico levada a cabo na Comunidade Autónoma galega, sen prexuízo das competencias do Instituto Galego de Estatística.

i) A presidencia do Consello de Administración da Sociedade Anónima Centro de Supercomputación de Galicia.

j) A utilización da rede de ciencia e tecnoloxía de Galicia (Recetga), con capacidade para deseñar modificacións e ampliacións, en colaboración coa Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo.

Artigo 3º

A Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento contará coas seguintes unidades administrativas para o exercicio das súas funcións e competencias:

1. Subdirección Xeral de Planificación e Prospectiva, que será tamén a Secretaría Xeral do Plan Galego de Investigación e Desenvolvemento Tecnolóxico.

Correspóndelle a esta subdirección as seguintes funcións:

a) O apoio a secretaría xeral na planificación dos asuntos relacionados coa consecución da calidade total no sistema ciencia-tecnoloxía-sociedade e a coordinación dos recursos da investigación.

b) O apoio ós órganos previstos na Lei de fomento da investigación e desenvolvemento tecnolóxico de Galicia nos asuntos da súa competencia.

c) A asistencia á Comisión Interdepartamental de Ciencia e Tecnoloxía de Galicia (Cicetga), nos asuntos propios da súa competencia.

d) A redacción do anteproxecto do Plan Galego de Investigación e Desenvolvemento Tecnolóxico seguindo as directrices impartidas pola secretaría xeral.

e) O coñecemento da situación das investigacións e programas e dos proxectos nos que participan os centros e institucións de Galicia.

f) O apoio á secretaría xeral na elaboración dos anteproxectos derivados do contido da Lei de fomento da investigación e desenvolvemento tecnolóxico de Galicia e do Plan Galego de Investigación e Desenvolvemento Tecnolóxico, así como nas tarefas derivadas do seguimento do plan.

g) A elaboración e o seguimento da proposta de financiamento e valoración económica do Plan Galego de Investigación e Desenvolvemento Tecnolóxico.

h) Apoio á secretaría xeral nas tarefas de prospectiva.

i) Promove-la creación e face-lo seguimento dos centros tecnolóxicos en coordinación coas consellerías afectadas.

j) Colaborar coa Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento nos aspectos do Plan Galego de Investigación e Desenvolvemento Tecnolóxico que sexan da súa competencia.

k) Cantos outros asuntos lle encomende a secretaría xeral no ámbito das súas competencias.

Para o desenvolvemento destas funcións contará co:

1.1 Servicio de Planificación e Prospectiva.

Correspóndelle, baixo a dirección da subdirección xeral, o exercicio das seguintes funcións:

-Face-lo seguimento da execución e do financiamento dos programas de investigación e de desenvolvemento tecnolóxico co obxecto de cuantifica-lo grao do seu cumprimento e do nivel de execución do Plan Galego de Investigación e Desenvolvemento Tecnolóxico.

-Preparar e face-lo seguimento do Plan Galego de Investigación e Desenvolvemento Tecnolóxico co obxecto de contrasta-la calidade total no sistema ciencia-tecnoloxía.

-Execución das tarefas relacionadas coa prospectiva que lle encomende a subdirección xeral.

-Calquera outra función que, en relación coas súas competencias, lle sexa encomendada.

2. Subdirección Xeral de Xestión.

Correspóndenlle a esta subdirección as seguintes funcións:

a) O apoio á secretaría xeral na xestión que esta ten asignada e, en particular, na que deriva directamente do Plan Galego de Investigación e Desenvolvemento Tecnolóxico.

b) O apoio ós órganos previstos na Lei de fomento de investigación e desenvolvemento tecnolóxico de Galicia nos asuntos da súa competencia.

c) A asistencia á Comisión Interdepartamental de Ciencia e Tecnoloxía de Galicia (Cicetga) nos asuntos da súa competencia.

d) O rexistro administrativo de centros e institucións de investigación e investigadores.

e) A elaboración do anteproxecto de orzamento da secretaría xeral, a súa execución, seguimento e coordinación.

f) A contratación administrativa da secretaría xeral.

g) O apoio á secretaría xeral na elaboración dos anteproxectos de disposicións e a proposta de resolución de recursos administrativos no seu ámbito competencial.

h) Colaborar coa Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento nos aspectos do Plan Galego de Investigación e Desenvolvemento Tecnolóxico que sexan da súa competencia.

i) Cantos outros asuntos lle encomende a secretaría xeral no ámbito das súas competencias.

Para o desenvolvemento destas funcións contará co:

2.1 Servicio de Xestión.

Correspóndelle, baixo a dirección da subdirección xeral, o exercicio das seguintes funcións:

-Controlar, executar e face-lo seguimento das accións correspondentes ós distintos programas do Plan Galego de IDT no que afecta á Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento.

-Avalia-las accións de promoción da investigación que lle están encomendadas.

-Preparar e face-lo seguimento dos convenios que afectan ás súas funcións e das accións que se deriven deles.

-Confecciona-lo borrador do anteproxecto de orzamento da secretaría xeral.

-A execución do gasto das diversas unidades da secretaría xeral.

-Xestionar e supervisa-las actividades relacionadas cos asuntos xerais de réxime interior da secretaría xeral.

-Calquera outra función que, en relación coas súas competencias, lle sexa encomendada.

3. Servicio de Relacións Institucionais e Difusión Científica.

Correspóndelle, baixo a dirección da secretaría xeral, o exercicio das seguintes funcións:

a) Face-lo desenvolvemento das liñas de cooperación nacional e internacional en investigación e desenvolvemento tecnolóxico promovendo a cooperación tecnolóxica.

b) Preparar, executar e face-lo seguimento das accións encamiñadas a estimula-la transferencia de tecnoloxía á industria e ás empresas.

c) Face-lo seguimento da información e programa-la presencia da Xunta de Galicia nas feiras nacionais e internacionais de investigación e desenvolvemento tecnolóxico, favorecendo a transferencia de tecnoloxía sen prexuízo das competencias que lles correspondan ós distintos departamentos da Xunta de Galicia.

d) Preparar e face-lo seguimento dos convenios que afecten ás accións de intercambio coa comunidade científica sen prexuízo das competencias que lles correspondan ós distintos departamentos da Xunta de Galicia.

e) O apoio á secretaría xeral no desempeño das accións precisas para a difusión de coñecementos, información e promoción da ciencia e da tecnoloxía.

f) O apoio á secretaría xeral na elaboración dos datos estatísticos no referente ó fomento da investigación e desenvolvemento tecnolóxico, sen prexuízo das competencias do Instituto Galego de Estatística.

g) Calquera outra función que, en relación coas súas competencias, lle sexa encomendada.

Disposición derrogatoria

Queda derrogado o Decreto 12/1998, do 8 de xaneiro, polo que se establece a estructura orgánica da Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento e cantas disposicións de igual ou inferior rango se opoñan ó establecido neste decreto.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Facúltase o conselleiro da Presidencia e Administración Pública para dicta-las disposicións que sexan necesarias para o desenvolvemento deste decreto.

Segunda.-Este decreto entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación do Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, vintenove de decembro de mil novecentos noventa e oito.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Dositeo Rodríguez Rodríguez

Conselleiro da Presidencia e Administración Pública

0024