Visto o artigo 4.7º do Decreto 442/1990, do 13 de setembro (DOG nº 188, do 25 de setembro) de avaliación do impacto ambiental para Galicia, a delegada provincial da Consellería de Industria e Comercio de Pontevedra
RESOLVE:
Dar publicidade, mediante a presente publicación, ó acordo do 27-10-1998, da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, polo que se formula a declaración do impacto ambiental do proxecto de explotación de granito ornamental da concesión derivada do permiso de investigación denominado Cabernouro nº 2456.2, sita en terreos do termo municipal de Ponteareas, provincia de Pontevedra, promovido por Ramilo, S.A.
A mencionada declaración refírese, en exclusiva, a unha superficie de 4,65 ha comprendida dentro do espacio solicitado para a concesión mineira de 2 cuadrículas mineiras, delimitado polos paralelos 42º 10' 00'', 42º 09' 40'' Norte, e polos meridianos 8º 34' 20'', 8º 33' 40'' Oeste, e foi incorporada ó expediente da concesión Cabernouro nº 2456.2, encontrándose á disposición de calquera interesado nesta delegación provincial.
Pontevedra, 15 de decembro de 1998.
Carmen Bianchi Valcarce
Delegada provincial de Pontevedra

