O director xerente do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo Oza, en virtude das atribucións que lle foron delegadas polo artigo 7, letra j) da Orde do 21 de abril de 1998, sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servicio Galego de Saúde (DOG nº 88, do 11 de maio) e coa autorización expresa prevista nesa mesma norma, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve anuncia-la licitación que a seguir se cita:
Obxecto do contrato: explotación do servicio de cafetería de persoal do centro Hospital Juan Canalejo da Coruña (contrato administrativo especial do artigo 5.2º b) da LCAP).
Tarifas polos servicios: o adxudicatario terá dereito a percibir dos ususarios do servicio contratado o prezo correspondente ás prestacións que lles satisfaga, na contía establecida na tarifa aprobada, vixente en cada momento. Os licitadores deberán incluír nas súas ofertas as tarifas que propoñen para o primeiro ano de explotación, as cales deberán ser necesariamente iguais ou inferiores ás máximas establecidas nos pregos (capítulo 14 do prego de cláusulas administrativas particulares, en relación co
anexo II); actualizándose por períodos anuais, a partir do primeiro día do segundo exercicio de actividade.
Gastos a cargo do adxudicatario: de acordo co réxime establecido nos pregos corresponderán ó adxudicatario do contrato os gastos ocasionados polo servicio (previos e durante a explotación), así como a satisfacción dun canon e outras prestacións complementarias a favor da Administración que, se é o caso, ofertará. O canon anual para o primeiro exercicio de actividade, co carácter de mínimo e mellorable nas súas ofertas polos licitadores, establécese en 600.000 pesetas; actualizándose para o segundo exercicio e os sucesivos, conforme figura no capítulo 15 do prego de cláusulas administrativas particulares.
Garantía provisional: 1.500.000 ptas.
1. Forma de adxudicación: concurso, polo procedemento aberto.
2. Prazo de vixencia: a explotación por parte do adxudicatario do servicio de cafetería licitado terá unha duración máxima de seis anos, contado desde o momento en que se produza o seu comezo efectivo.
3. Admisión de variantes: autorízase a presentación de ata dúas variantes como máximo por cada licitador, ademais da súa oferta básica.
4. Solvencia económica e financeira: acreditarase polos medios previstos no artigo 16.1º, letras a) e c) da LCAP.
5. Solvencia técnica ou profesional: acreditarase polo medio previsto no artigo 19, na súa letra b) da L.C.A.P.
6. Criterios de adxudicación: ver capítulo 9 do prego de cláusulas administrativas particulares.
7. Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria (anexo II ó III) poden ser solicitados no Servicio de Contratación e Investimentos do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo Oza (planta terceira do edificio do Hotel de Pacientes (anexo ó Hospital Juan Canalejo). As Xubias de Arriba, 84, 15006 A Coruña, en días laborais desde as 9 ás 14 horas. Teléfono 981 17 80 73. Fax: 981 17 80 32.
8. Presentación de proposicións: as proposicións deberanse presentar en man, en sobres pechados e asinadas polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral deste Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo Oza (planta baixa do Hospital Juan Canalejo). As Xubias de Arriba 84 (15006 A Coruña), antes das 14 horas do vixésimo sexto día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia; ou ben, mandadas por correo, ó mesmo enderezo e dentro do prazo sinalado. Cando as proposicións se envien por correo, o licitador deberá xustifica-la data de imposición do envío na oficina de correos e anunciar o mesmo día ó órgano de contratación a remisión da oferta, mediante telegrama ou fax 981 17 80 32.
9. Apertura das proposicións: terá lugar na sala de xuntas da Xerencia do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo Oza (planta baixa do edificio de Hotel de Pacientes), a partir das 10 horas do décimo primeiro día natural contado desde o seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura de proposicións terá lugar o primeiro día hábil seguinte.
10. Documentación que deberán aporta-los licitadores: os documentos que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares e os seus anexos.
11. Anuncios: os anuncios do presente concurso correrán por conta do adxudicatario do contrato.
A Coruña, 30 de decembro de 1998.
Jesús Caramés Bouzán
Director xerente do Complexo Hospitalario
Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña

