Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 17 Mércores, 27 de xaneiro de 1999 Páx. 965

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 9 de decembro de 1998, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que ser fai público o depósito da acta de constitución e estatutos da Asociación de Médicos Titulares de Galicia.

En cumprimento do disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos nel, faise público que, no correspondente servicio desta dirección xeral, foron depositados acta de constitución e estatutos da Asociación de Médicos Titulares de Galicia que ten os seguintes ámbitos:

Territorial: Comunidade Autónoma de Galicia.

Profesional: poderán ser membros da asociación as persoas que estean en posesión do título de licenciados en Medicina e Cirurxía por universidade española ou debidamente homologado que gocen da condición de médico titular ou conserven o status funcional como tal.

Asinan a acta de constitución: Ramón Manuel Devesa Muñiz e sete persoas máis.

Santiago de Compostela, 9 de decembro de 1998.

María José Cimadevila Cea

Directora xeral de Relacións Laborais