Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 19 Venres, 29 de xaneiro de 1999 Páx. 1.053

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE CARBALLO

CÉDULA de citación (319/1998-M).

Belén Rey Baamonde, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia e Instucción número un dos de Carballo.

Pola presente cédula e en virtude do acordado polo xuíz deste xulgado, en providencia do día de hoxe, dictada no xuízo de faltas 319/1998, sobre estafa, no que figuran como denunciante Antonio Collazo Facal, e como denunciado Justo Vecino Sánchez e Juan Carlos Oreiro Varela.

Cítese a Juan Carlos Oreiro Varela, para que o próximo día vinteseis de abril, ás once trinta horas, compareza na sala de audiencia deste xulgado para asistir ó dito xuízo. Fáiselles saber ás partes que deberán concorrer coas probas de que intenten valerse, así como de peritos e testemuñas, e que se non comparecen nin alegan xusta causa que llo impida, recaerán sobre eles o prexuízo a que houbese lugar en dereito; e ó acusado, que a súa ausencia non suspenderá a realización nin a resolución do xuízo, podendo, se é o caso, ser conducido pola forza pública.

Dado en Carballo o catro de decembro de mil novecentos noventa e oito.

A secretaria

Rubricado