En virtude do establecido nos artigos 4.13º e 34.2º da Lei de Galicia 1/1983, do 22 de febreiro, modificada pola Lei 11/1988, do 20 de outubro, por proposta do conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións Laborais e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día cinco de febreiro de mil novecentos noventa e nove,
Nomeo a José María Fernández Olea director xeral de Relacións Laborais da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais.
Santiago de Compostela, cinco de febreiro de mil novecentos noventa e nove.
Manuel Fraga Iribarne
Presidente
Jesús Carlos Palmou Lorenzo
Conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións Laborais