A Comisión de Goberno, en sesión celebrada o día 20 de xaneiro de 1999, aprobou a contratación mediante concurso para a execución das seguintes obras: a) rexeneración de beirarrúas, firmes e arboredo na rúa río Navia, b) rexeneración de beirarrúas, firmes e arboredo na rúa río Ser, c) rexeneración de beirarrúas, firmes e arboredo na rúa da Unidade, d) rexeneración de beirarrúas, firmes e arboredo na rúa do Prado e) rexeneración de beirarrúas, firmes e arboredo na rúa río Mera, polo presente anúnciase a licitación consonte as seguintes características:
1. Entidade adxudicadora.
a) Organismo: Concello de Lugo.
b) Dependencia que tramita o expediente: Servicio de Contratación e Asuntos Xerais.
2. Obxecto do contrato.
a) Descrición do obxecto: a execución das obras sinaladas no encabezamento.
d) Prazo de execución: o prazo máximo de execución será o seguinte: a) mes e medio, b) un mes, c) vinte días, d) un mes e e) dez días.
3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.
a) Tramitación: urxente.
b) Procedimiento: aberto.
c) Forma: concurso.
4. Orzamento base de licitación.
Importe total: os orzamentos de execución por contrata son os seguintes: a) 15.674.690 ptas. b) 9.534.400 ptas. c) 6.010.173 ptas. d) 8.663.511 ptas. e e) 2.888.650 ptas.
5. Garantías.
Provisional: 2% do orzamento de execu ión por contrata para cada unha das obras.
6. Obtención de documentación e información.
a) Entidade: Concello de Lugo, Servicio de Contratación e Asuntos Xerais.
b) Domicilio: Ronda da Muralla, 197.
c) Localidade e código postal: Lugo, 27001.
d) Teléfonos: 982 29 71 86, 29 71 43.
e) Telefax: 982 29 71 03.
f) Data límite de obtención de documentos e información: ata o remate do prazo de presentación de proposicións.
7. Requisitos específicos do contratista.
a) Clasificación: non se esixe.
b) Outros requisitos: os sinalados no prego de condicións.
8. Presentación de ofertas ou das solicitudes de participación.
a) Data límite de presentación: 13 días naturais seguintes ó da plublicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia
b) Documentación que hai que presentar: a que figura na cláusula oitava do prego de condicións.
c) Lugar de presentación:
1ª Entidade: Concello de Lugo, oficina de rexistro ou ben nos lugares legalmente establecidos.
2ª Domicilio: Praza Maior, 1.
3ª Localidade e código postal: Lugo, 27001.
d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta (concurso): 3 meses.
e) Admisión de variantes (concurso): as que os licitadores estimen convenientes.
9. Apertura das ofertas.
a) Entidade: Concello de Lugo.
b) Domicilio: Praza Maior, 1.
c) Localidade. Lugo.
d) Data: o terceiro día hábil posterior ó remate do prazo de presentación das proposicións.
10. Outras informacións: as que se recollen no prego de condicións.
11. Gastos dos anuncios: correrán por conta do contratista adxudicatario.
Lugo, 21 de xaneiro de 1999.
José A. Mourelle Cillero
Vicesecretario habilitado
Visto e Prace
Joaquín Mª García Díez
Alcalde

