Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 30 Luns, 15 de febreiro de 1999 Páx. 1.681

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 28 de decembro de 1998, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 98/375-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Domicilio social: Avda. García Barbón, 38, 36201 Vigo.

Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. Bonaval II.

Situación: Oia.

Descricións técnicas: L.M.T. aérea, a 20 kV, de 360 m de lonxitude, con conductor tipo LA-56, desde o apoio 1 da L.M.T. Loureza-Bonaval, rematando no C.T. que se proxecta en Bonaval II, concello de Oia. C.T. de 50 kVA, relación de transformación 20 kV-380/220 V. R.B.T. aérea, de 470 m de lonxitude, con conductor tipo R.Z., sobre apoios de formigón.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Pontevedra, 28 de decembro de 1998.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra