Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 30 Luns, 15 de febreiro de 1999 Páx. 1.683

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 11 de xaneiro de 1999, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 99/1-3).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita.

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Domicilio social: Sáenz Díez, 45, 32003 Ourense.

Denominación: L.M.T., C.T., R.B.T., Regueira, Tuxe.

Situación: O Bolo.

Descricións técnicas: L.M.T. aérea a 20 kV de 793 metros en conductor LA-56, con orixe no apoio nº 16 da L.M.T. O Vao-O Bolo e remate no C.T. con 100 kVA, R/T 20.000/380-220 V de Tuxe. L.M.T. aérea a 20 kV de 782 metros en conductor LA-56, con orixe no apoio nº 5 da L.M.T. a C.T. de Tuxe e remate no C.T. con 50 kVA, R/T 20.000/380-220 V de Regueira. R.B.T. aérea do C.T. de Tuxe e do C.T. de Regueira con 1.535 e 1.410 metros respectivamente en conductor R.Z.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Ourense, 11 de xaneiro de 1999.

Alfredo Cacharro Pardo

Delegado provincial de Ourense