Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 30 Luns, 15 de febreiro de 1999 Páx. 1.685

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 18 de xaneiro de 1999, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 98/405-1).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Electra del Foxo.

Domicilio social: Torelo-Vimianzo, 15000 Vimianzo.

Denominación: L.M.T., C.T. e acoplamento R.B.T. de Rebordelo II.

Situación: Vimianzo.

Características técnicas: L.M.T. a 20 kV de 124 m de lonxitude en conductor LA-56, que parte da L.M.T. existente a C.T. Reboredo I e final no C.T. Reboredo II de 100 kVA B.2 e acoplamento á R.B.T. Concello de Vimianzo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 18 de xaneiro de 1999.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña