Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 31 Martes, 16 de febreiro de 1999 Páx. 1.701

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 22 de xaneiro de 1999 pola que se autoriza a apertura e funcionamento do centro privado de educación especial Esclavas de la Virgen Dolorosa de Mos (Pontevedra).

Examinado o expediente incoado por Manuela Piñas Sanguino, no que solicita autorización definitiva para a apertura e funcionamento dun centro privado de educación especial.

Tendo en conta que o expediente foi tramitado pola Delegación Provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria de Pontevedra, que se remite cos informes da Unidade Técnica e Inspección Educativa.

Vistos o Real decreto 334/1985, do 6 de marzo, de ordenación da educación especial (BOE do 16); a orde ministerial do 30 de xaneiro de 1986 (BOE do 4 de febreiro); o Real decreto 1004/1991, do 14 de xuño, polo que se establecen os requisitos mínimos dos centros que imparten ensinanzas de réxime xeral non universitarias (BOE do 26); o Decreto 320/1996, do 26 de xullo (DOG do 6 de agosto), de ordenación da educación de alumnos e alumnas con necesidades educativas especiais; o Decreto 133/1995, do 10 de maio, sobre autorización de centros docentes privados para impartir ensinanzas de réxime xeral non universitarias (DOG do 22) e a Orde do 20 de setembro de 1995 (DOG 15 de decembro) que o desenvolve.

Considerando que concorren no expediente os requisitos esixidos nas disposicións vixentes para poder acceder ó solicitado.

Esta consellería, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Inspección Educativa,

DISPÓN:

Primeiro.-Concede-la autorización definitiva, para a apertura e funcionamento, ó centro privado de educación especial Esclavas de la Virgen Dolorosa de Mos (Pontevedra), segundo os datos que no anexo se relacionan.

Segundo.-Antes do inicio das ensinanzas que se autorizan, a Delegación Provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, logo do informe da Inspección Educativa, aprobará expresamente a relación de persoal que impartirá docencia no citado centro.

Terceiro.-Queda o centro obrigado ó cumprimento da lexislación vixente e a solicita-la oportuna revisión cando teña que modificarse calquera dos datos que sinala a presente orde.

Santiago de Compostela, 22 de xaneiro de 1999.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación

Universitaria

ANEXO

Provincia: Pontevedra.

Concello: Mos.

Localidade: Petelos.

Enderezo: r/ Estivadas nº 3.

Denominación específica: Esclavas de la Virgen Dolorosa.

Código do centro: 36024008.

Titular: Esclavas de la Virgen Dolorosa.

Ensinanzas que se autorizan: educación especial (plurideficientes).

Número de unidades: 3.

Número total de postos escolares: 24.