Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 32 Mércores, 17 de febreiro de 1999 Páx. 1.793

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de emprazamento (398/1998).

En virtude do acordado en resolución do día da data, dictada no xuízo de menor contía 398/98, que se segue neste xulgado por instancia de Maximino García Botana, representado polo procurador Regueiro Muñoz, contra María del Carmen Varela Otero, José Costoya Varela e Sonia Costoya Varela, por medio desta cédula emprázase a Sonia Costoya Varela, da que se descoñece o domicilio actual, co fin de que no prazo de dez días compareza en autos coa prevención de que, de non o facer, será declarada en rebeldía e se dará por contestada a demanda, notificándolle a dita resolución e as demais que se dicten nos estrados do xulgado.

E para que lle sirva de emprazamento a Sonia Costoya Varela, expido esta cédula, que asino e selo en Santiago de Compostela o vintedous de xaneiro de mil novecentos noventa e nove.

O secretario

Rubricado