Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 32 Mércores, 17 de febreiro de 1999 Páx. 1.798

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 19 de xaneiro de 1999, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 98/193-3).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Sáenz Díez, 45, 32003 Ourense.

Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. Outomuro-Bagullo.

Situación: Cartelle.

Descricións técnicas: 2 L.M.T. subterráneas a 20 kV en conductor R.H.V.-12/20 kV. (1ª) de 140 metros de lonxitude, con orixe no apoio nº 2 da L.M.T. aérea proxectada a C.T. pé de poste de Outomuro e remate no C.T. proxectado pé de poste manobra exterior de Outomuro con 250 kVA, r/t 20.000/380-220 V. (2ª) de 15 metros, con orixe en apoio nº 80 da L.M.T. existente Celanova-Castrelo e remate no C.T. compacto proxectado de Outomuro con 400 kVA, r/t 20.000/380-220 V. 3 R.B.T. aéreas

de 1.460, 2.440 y 2.595 metros respectivamente en conductor R.Z. e 2 R.B.T. subterráneas de 15 e 60 metros en conductor R.V.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu,

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Ourense, 19 de xaneiro de 1999.

Alfredo Cacharro Pardo

Delegado provincial de Ourense

0577