Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 32 Mércores, 17 de febreiro de 1999 Páx. 1.801

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 9 de decembro de 1998, do Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común de Lugo, pola que se resolven varios expedientes de clasificación de montes desta provincia (6/93 e seis máis).

Para os efectos previstos no artigo 28 do regulamento para a execución da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, o Decreto 260/1992, do 4 de setembro, e de conformidade co disposto no artigo 60.1º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, faise público que o Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común de Lugo, na sesión celebrada o 9 de decembro de 1998 na sala de xuntas da delegación provincial da Consellería de Medio Ambiente, baixo a presidencia do seu dele

gado provincial, e coa asistencia do vicepresidente Francisco Caamaño Pajares, os vocais Manuel Martínez Garrido, Manuel Veiga Franco, José Antonio Illán Torrón, Emilio Sánchez Coto e do secretario en funcións Luis Quiroga Arnal, dictou a resolución de non clasificar como veciñais en man común os montes seguintes:

Expediente número 6/93: monte de San Pedro, na parroquia de San Pedro, concello do Corgo.

Expediente número 7/93: monte de Vilaboa, no lugar de Vilaboa, parroquia de Fonteita, concello do Corgo.

Expediente número 8/93: monte de Queizán, na parroquia de Queizán, concello do Corgo.

Expediente número 9/93: monte de Segovia, na parroquia de Segovia, concello do Corgo.

Expediente número 10/93: montes Fervenza, Cimbro, Veiga das Lagas e Farnadeiros, na parroquia de Santo Estevo de Farnadeiros, concello do Corgo.

Expediente número 4/98: montes das Gándaras e de Alfonxe, na parroquia de Gomeán, concello do Corgo.

Expediente número 9/98: monte de Parada, na parroquia de Parada, concello de Outeiro de Rei.

Contra a presente resolución poderá interporse recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses desde a súa publicación, perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Lugo, de conformidade co disposto no artigo 46.1º da Lei reguladora da antedita xurisdicción en relación co artigo 12 da Lei de montes veciñais en man común e o artigo 28 do seu regulamento, modificados os dous preceptos legais pola Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Lugo, 9 de decembro de 1998.

Luis González Vázquez

Presidente do Xurado Provincial de Montes

Veciñais en Man Común de Lugo