Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:
Solicitante: Electra del Jallas, S.A.
Domicilio social: Praza da Constitución, 17, 15000 Cee.
Denominación: L.M.T.S., C.T. Fontexería.
Situación: Muros.
Características técnicas: L.M.T. subterránea a 20 kV baixo tubo e con conductor R.H.V. 12/20 kV de 3(1x240) mm Al, de 10 m de lonxitude, con orixe na liña Outes-Muros 2ª fase (expediente 378/97) e final no C.T. Fontexería que se vai instalar. Centro de transformación en caseta de 250 kVA e tensións de 20/0,380-0,220 kV. Concello de Muros.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.
A Coruña, 13 de xaneiro de 1999.
Jesús Espada Martínez
Delegado provincial da Coruña

