Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 33 Xoves, 18 de febreiro de 1999 Páx. 1.862

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 1 de decembro de 1998, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se notifica a incoación do expediente sancionador C-29/98 e catro máis (caza-Pontevedra).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notíficaselles ás persoas que no anexo se mencionan a incoación de expediente sancionador, por infracción da Lei 4/1997, do 25 de xuño, de caza de Galicia.

Que, así mesmo, designo instructora do expediente a Pilar Pita Ponte e secretaria a María Teresa Calvo García.

O que se notifica, para os efectos previstos no artigo 29 da devandita Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento admi

nistrativo común, podendo recusalos en calquera momento do expediente por algunha das causas previstas no artigo 28 da citada lei.

Para os efectos previstos na Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, os denunciados disporán dun prazo de 15 días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación, para formula-las alegacións, presentar documentos ou as probas que conveñan ó seu dereito, advertíndolles que, de non efectuar alegación ningunha no prazo fixado, este acordo de incoación poderá ser considerado proposta de resolución, de darse os supostos previstos no artigo 13 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE do 9 de agosto).

Pontevedra, 1 de decembro de 1998.

José Luis Díez Yañéz

Delegado pronvicial de Pontevedra

ANEXO

ExpedienteDenunciado

Último enderezo

coñecido

Feito denunciadoPrecepto infrinxidoPrecepto sancionadorSanción

C-29/98Clemente Leitón Rodríguez

Barrio Cres-

pos-Mouriscados, Mondariz

Transitar con 5 cans dentro dos terreos do couto PO-10.141 sen a debida dilixencia para evitar molestias ás pezas de caza, encontrándose os cans en actitude de busca, acoso e molestias á caza, o día 11 de xuño de 1998, termo municipal Mondariz.Art. 57.11º da Lei de caza de GaliciaArt. 61 da Lei 4/1997, de caza de Galicia10.000 ptas.

C-30/98Antonio Martín

Lemos

Rúa dos Heroes, 4 Pontevedra

Adestrar un can en zona non permitida, sen a debida dilixencia de evitar que o can cause molestias ás pezas de caza, o día 14 de xuño de 1998, termo municipal Pontevedra.Art. 57.11º da Lei de caza de GaliciaArt. 61 da Lei 4/1997, de caza de Galicia10.000 ptas.

C-49/98Isidro Fariña García

Bordel-Verdu-

cio-Xeve Pontevedra

Estar nun posto nunha batida ó xabaril con munición non autorizada (dobre cero); esta foi supervisada e comprobada polos axentes na arma, atopándose eles presentes, o día 20 de setembro de 1998, termo municipal Caldas de Reis.Art. 57.23º da Lei de caza de GaliciaArt. 61 da Lei 4/1997, de caza de Galicia10.000 ptas.

C-62/98Ismael González

Feijoo

San Roque, 34

baixo Vigo

Transitar con cans soltos encontrándose estes inmersos no mato sen da debida dilixencia para evitarlles molestias ás pezas de caza, o día 16 de outubro de 1998, termo municpal Vigo.Art. 57.11º da Lei de caza de GaliciaArt. 61 da Lei 4/1997, de caza de Galicia10.000 ptas.

C-64/98Gonzalo Diz Núñez

Deiro, 18 Vilanova de Arousa

Transitar con 7 cans por terreos coutados (PO-10.124) sen a debida dilixencia para evitarlles molestias ás pezas de caza, o día 12 de outubro de 1998, termo municipal Vilanova de Arousa.Art. 57.11º da Lei de caza de GaliciaArt. 61 da Lei 4/1997, de caza de Galicia10.000 ptas.