Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 33 Xoves, 18 de febreiro de 1999 Páx. 1.870

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO de aprobación definitiva do estudio de detalle de remodelación de volumes no polígono 42 do PERI do Calvario (expediente 4462/411).

O Pleno do Concello de Vigo en sesión celebrada o día 28 de decembro de 1998 acordou aprobar definitamente o estudio de detalle de remodelación de volumes no polígono 42 do PERI do Calvario conforme a documentación presentada pola Xunta de Compensación e redactado polo arquitecto Martín Curty con datas de visado do COAG do 26 de xuño e 13 de outubro de 1997.

O presente anuncio servirá de notificación nos termos do artigo 59 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común para tódolos propietarios e interesados directamente afectados que por resultaren descoñecidos ou por se ignora-lo seu enderezo non poidan ser notificados pesoalmente.

Vigo, 18 de xaneiro de 1999.

Manuel Pérez Álvarez

Alcalde-presidente da Xerencia Municipal

de Urbanismo