Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 33 Xoves, 18 de febreiro de 1999 Páx. 1.871

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

AXENCIA TRIBUTARIA

RELACIÓN do 26 de xaneiro de 1999, da Delegación Especial de Galicia, dos contribuíntes que se citan para seren notificados por comparecencia.

De conformidade co que establece o artigo 105 da Lei 230/1963, do 28 de decembro, xeral tributaria, modificado polo artigo 28 da Lei 66/1967, do 30 de decembro, de medidas fiscais, administrativas e da orde social, e non sendo posible notifica-lo procedemento que se relaciona malia os dous intentos realizados, cítase o interesado que figura neste anuncio para que, no prazo de dez días contados a partir do seguinte ó desta publicación, pase a retirar persoalmente ou mediante representante a notificación que se indica na Delegación Especial da Axencia Estatal da Administración Tributaria de Galicia, sita na rúa Comandante Fontanes, 10, da Coruña.

Transcorrido o citado prazo sen a comparencia, a notificación entenderase producida para tódolos efectos legais desde o día seguinte ó do vencemento do prazo antes sinalado.

Interesado: Toca Carus, Juan José.

NIF: 32.620.184C.

Procedemento: administrativo de constrinximento (recadatorio).

Órgano de tramitación: Dependencia Rexional de Recadación.

Lugar de comparecencia: Dependencia Rexional de Recadación Delegación Especial da Axencia Estatal da Administración Tributaria en Galicia, r/ Comandante Fontanes, 10, 5º, A Coruña.

A Coruña, 26 de xaneiro de 1999.

Francisco García Magariños

Xefe da Dependencia Rexional de Recadación