III. OUTRAS DISPOSICIÓNS
CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA
CORRECCIÓN de erros.-Resolución do 9 de decembro de 1998 pola que se ordena a publicación do acordo do Consello da Xunta de Galicia do 4 de decembro de 1998, polo que se modifica a relación de postos de traballo da Consellería da Presidencia e Administración Pública.
Advertido erro no anexo II da citada resolución publicada no Diario Oficial de Galicia, número 244, do 18 de decembro de 1998, cómpre face-la oportuna corrección:
-Na páxina 13.514, no posto «PR.P11.00.001.15770.015 Xefe de Sección de Habilitación», na columna «Forma Prov.», onde di: «C», debe dicir: «LD».