O presidente da empresa pública de Obras e Servicios Hidráulicos, en virtude das facultades que ten conferidas de conformidade co artigo 9 dos estatutos da empresa pública de Obras e Servicios Hidráulicos, aprobados polo Decreto 125/1996, do 7 de marzo, resolveu adxudica-los seguinte traballo:
A) Asistencia técnica para a dirección de obras e control no concello de Vigo.
1. Entidade adxudicadora.
a) Organismo: empresa pública de Obras e Servicios Hidráulicos.
b) Número de expediente. Clave: A.T./109.
2. Obxecto de contrato.
a) Tipo de contrato: administrativo.
b) Descrición do obxecto: asistencia técnica para dirección de obras e control no concello de Vigo.
c) Boletín, diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de Galicia, do 28 de decembro de 1998.
3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.
a) Tramitación: urxente.
b) Procedemento: aberto.
c) Forma: concurso.
4. Orzamento base da licitación
Importe total: 29.844.248 ptas. (179.367,54 Eu.).
5. Adxudicación.
a) Data: 27 de xaneiro de 1999.
b) Contratista: U.T.E. C.I.I.S.A. & G.O.C.
c) Nacionalidade: española.
d) Importe da adxudicación: 22.651.784 ptas. (136.139,96 Eu.).
Outras informacións: en cumprimento do previsto no artigo 58 da vixente Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro de 1992, notifícase, advertíndose que esta resolución pon fin á vía administrativa e é susceptible de recurso contencioso-administrativo, perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da publicación da presente resolución, de conformidade co artigo 58 da Lei reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.
O que se fai público para os efectos previstos no artigo 94 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas.
Santiago de Compostela, 27 de xaneiro de 1999.
Agustín Hernández-Fernández de Rojas
Presidente da empresa pública de Obras e
Servicios Hidráulicos

